Preguntas máis frecuentes sobre...

Como escollo as empresas a que pedirlles orzamentos?

Despois de crear o proxecto, terás que seleccionar a qué empresas lles pides un orzamento. Primeiro sairanche unhas palabras chave que entendemos que están relacionadas co que buscas. Se non son correctas, podes retiralas clicando na cruz que teñen á dereita do nome. Se necesitas máis palabras chave podes escribilas no espazo que queda na barra.

Ao darlle a 'Atopar empresas' aparecerache unha lista de profesionais seleccionados. Se non queres pedirlle orzamento a algunhas desas empresas, só tes que desclicalo na columna da dereita. Podes tamén incluír unha mensaxe dirixida aos profesionais, antes de darlle ao botón de pedir orzamentos.

Co proxecto creado, e dentro do prazo que delimitaches, podes repetir este proceso cantas veces queiras.