Preguntas máis frecuentes sobre...

Como sabe unha empresa se lle aceptaron un orzamento?

Cando un cliente acepta un orzamento, comunícaselle a decisión por unha alerta á empresa seleccionada. Ao mesmo tempo, avísase a todas as demais que non foron as escollidas.

Se un cliente demorase demasiado tempo en aceptar ou rexeitar os orzamentos que se lle presentaron, Enkenda poríase en contacto con el para saber onde está o problema e darlle unha solución. En calquera caso, o profesional non necesita facer nada máis. Para ben ou para mal Enkenda porase en contacto con el.