Preguntas máis frecuentes sobre...

Como se solicita un orzamento?

O primeiro que tes que facer é crear un proxecto, é dicir, unha ficha coa obra que queres facer na túa vivenda ou onde sexa. Procura describir ben qué queres, como queres que quede, se tes preferencias por materiais e que tipo de variables estás considerando.

En canto cubras os datos, poderás buscar os profesionais que en Enkenda se ocupan de facer eses traballos. Podes mandarlles o proxecto a todos eles, ou descartar algúns que non che interesen. 

Os profesionais poden enviarche preguntas sobre o proxecto que pensas facer, para perfilalo máis e poderche axustar máis a cantidade. Tanto as preguntas como as respostas son públicas para todos os profesionais aos que lles solicitaches o orzamento.

Os profesionais terán un prazo, que ti lles fixarás, para que che contesten as solicitudes. De entre todas as respostas que recibas, poderás escoller a que queiras.