Preguntas máis frecuentes sobre...

Como teño que explicar o que quero facer?

Canto mellor describas o que queres facer, máis sinxelo vai ser o proceso de orzamentación. Intenta explicar como é o contorno (é no exterior, no interior etcétera), que tipo de materiais che gustaría usar, canto é o volume de traballo...

Ademais, é práctico que acompañes o proxecto dunhas fotos que podes tomar co móbil, de planos se os tes, de vídeos... como te sintas máis cómodo e como mellor expreses o que queres facer.