Preguntas máis frecuentes sobre...

Estou obrigado a aceptar un orzamento?

Non, por suposto. Se ningún orzamento dos que che presentaron se axusta ás túas necesidades, non tes por que aceptalo. O único que tes que facer é rexeitar todas as ofertas, e o proxecto quedará pechado automaticamente.

É posible, con todo, que Enkenda se poña en contacto contigo para coñecer onde estivo o problema e mellorar a calidade dos orzamentos que se presentan.

Se non recibiches ningún orzamento que se axustase ao que ti pedías, a razón pode ser que as empresas non entenderon ben o que estabas buscando. Sempre podes volver a abrir outro proxecto, modificando esas cousas que non funcionaron ben, e pedindo orzamento de novo. Se queres, a xente de Enkenda (info@enkenda.com) pode axudarte.

Unha vez que aceptaches o orzamento, tes que realizar a obra e pagarlle ao profesional.