Esta web é un produto de Pablo Oubiña, realizado por A navalla suíza entre finais de 2010 e xaneiro de 2011. Foi presentada o 10 de febreiro de 2011.
No proceso de creación da web só se empregou software libre.
O logotipo de Enkenda é unha creación da Navalla suíza. A tipografía usada nel é a Futura Extrabold, deseñada por Paul Renner en 1928. Tamén se emprega para algúns títulos. No resto da web úsase a tipografía Helvetica, deseñada por Max Miedinger.
As cores dominantes son o laranxa (#FF9900) e o marrón (o #4C3B31). Tamén se usa un azul para algúns elementos auxiliares (#00698C) e o negro, xaora (#000000).