Licenza

Os textos, vídeos e demais imaxes publicadas nesta web son propiedade de Enkenda e están liberados con licenza Creative Commons by-nc-nd. Iso quere dicir que podes empregar os vídeos, textos e imaxes, sempre que non os modifiques, que digas de onde sacas o material, e que non tires beneficio económico deles.

Os logotipos das respectivas empresas, agás o de Enkenda, son propiedade de cada unha delas, que os publican por defecto con copyright (©).

A web

A web está creada empregando software libre. O código está realizado cos frameworks de php e CSS phpCan e cSans, respectivamente, que están liberados con licenza GNU Affero 3. En canto se acade unha versión estable do código desta web, liberarase cunha licenza libre.

O reprodutor de vídeo en html5 é VideoJS, desenvolvido por Zencoder e liberado con licencia GPL 3.0. O fallback en flash é Flowplayer liberado tamén con licenza GPL 3.0.