Como se fan as valoracións?

As valoracións fanse coa opinión dos usuarios de Enkenda, e unicamente a partir de proxectos rematados. Se non tes un proxecto aberto en Enkenda non podes opinar, aínda que tiveses contacto coa empresa antes.

A valoración dos usuarios e usuarias de Enkenda é importante porque pode levar á baixa de empresas, se estas non cumpren os criterios de calidade requiridos. Por iso mesmo, as empresas que non traballaron aínda para usuarios Enkenda, aínda que estean seleccionadas pola súa calidade, non teñen ningunha puntuación de momento.