Actualidade

Primeira obra de xestión integral

2011-05-16

Primeira obra de xestión integral

Operario soldando unha platina.

Enkenda comeza a execución da primeira obra que xestiona de forma integral. Despois da redacción do proxecto e a solicitude das correspondentes licenzas, os técnicos de enkenda xa están a coordinar os primeiros traballos. Trátase do acondicionamento dunha casa construída en torno a 1920 e que xa sufriu unha reforma no ano 1980. Agora vaise transformar nunha chocolatería. Manteranse as fachadas de pedra e o tellado cerámico. Pero a estrutura tivo que reforzarse porque o estado das...

Ver máis

Enkenda visita Construmat 2011

2011-05-02

Enkenda visita Construmat 2011

Regalo de entradas para Construmat 2011

Enkenda visita Construmat 2011, unha das máis importantes feiras de construción que se celebra en Barcelona cada dous anos. O evento terá lugar do 16 ao 21 de maio no recinto de Fira Gran Via (Avinguda de Juan Carlos I, 58 - 08908 - L'Hospitalet de Llobregat). Ademais da presencia de firmas coñecidas de construción nacionais e internacionais, poderemos asistir ao Primeiro Foro da Construción Brasil-España, que ten como obxectivo a penetración no mercado brasileiro de compañías...

Ver máis

O Goberno incentiva as reformas de vivendas

2011-04-22

O Goberno incentiva as reformas de vivendas

O Goberno pretende que as reformas de vivendas reactiven o sector da construción e para conseguilo aprobará unha serie de incentivos, tal e como explicou Alfredo Pérez Rubalcaba, no Consello de Ministros do 29 de abril; que se incluirán no plan de emprego somerxido.

As medidas chegarán a máis contribuíntes porque se incrementa a desgravación máxima no IRPF, pasará do 10% ao 20% do custo da reforma, beneficiándose desta porcentaxe íntegra as persoas con ingresos inferiores aos... Ver máis

Últimos proxectos creados en Enkenda

2011-04-18

Últimos proxectos creados en Enkenda

Aquí están os últimos proxectos creados na nosa web:

  • Reforzo de estrutura metálica con pletina maciza (Pontevedra)
  • Limpeza e illamento de fachada dunha vivenda de dúas plantas (Pontevedra)
  • Reparación do teito de pladur dun baño e posterior pintado (A Coruña)
  • Remate de zinc envellecido en limas de cuberta a dúas augas (Pontevedra)
  • Reforma integral dun local comercial (Pontevedra)
  • Falso teito de lamas de aluminio lacado baixo unha lousa de formigón(Pontevedra)
  • Substitución de vidros...
Ver máis

Pavimentos de madeira de tecnoloxía avanzada

2011-04-14

Pavimentos de madeira de tecnoloxía avanzada

Pavimento de táboas macizas de carballo

A empresa holandesa Bolefoor desenvolveu un sistema para producir pavimentos a partir de existencias de pezas de madeira que manteñen a forma natural ao ser usadas. Utiliza unha tecnoloxía avanzada para optimizar os cortes da madeira e así crear pezas únicas. O verdadeiramente interesante deste método é que se utilizan todas as partes da árbore, mesmo as ramas e a parte superior do madeiro. A compañía, inicialmente está a ofertar madeira maciza de carballo, pero a fabricación...

Ver máis