Actualidade

Enkenda en Santiagosiete

2011-03-04

Enkenda en Santiagosiete

Pablo Oubiña é o xerente de Enkenda.

Enkenda segue a espertar moito interese nos medios de comunicación. Hoxe o xornal compostelán gratuíto Santiagosiete publica (páxina 9) unha entrevista feita por Carolina Carballedo a Pablo Oubiña, na que se detallan as vantaxes de Enkenda e se fala tamén do carácter emprendedor do xerente da empresa.

Pablo destacou que pretende que Enkenda sexa recoñecido como un sitio web de confianza onde podes atopar profesionais que fagan a túa reforma.

Ver máis

Enkenda na TVG

2011-02-28

Enkenda na TVG

Pablo Oubiña nun momento da entrevista.

O programa de televisión Bos Días da TVG emitiu hoxe unha reportaxe falando de Enkenda. Na entrevista realizada a Pablo Oubiña, o promotor de Enkenda, falouse das principais vantaxes de contratar unha obra a través de Enkenda: o coñecemento previo dos profesionais cualificados, o asesoramento técnico continuo e que se poden solicitar ornamentos sen custo algún para o cliente final.

Pablo sinalou ademais a importancia de que os promotores de Enkenda sexan técnicos colexiados e coñezan... Ver máis

Enkenda conta xa cos cinco primeiros proxectos

2011-02-14

Enkenda conta xa cos cinco primeiros proxectos

Xosé Manuel Iglesias e Pablo Oubiña

Despois de ser presentada a web o pasado xoves 10 de febreiro, Enkenda xa conta con cinco proxectos.

Nun acto onde o Concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, presentaba o Programa Compostela Activa 2011, Pablo Oubiña, promotor de Enkenda, tivo a oportunidade de falar deste proxecto empresarial ante os medios de comunicación locais e autonómicos; dando cobertura mediática á web enkenda.com. Dende o momento en que quedou... Ver máis

Enkenda participa nunha mesa redonda con estudantes emprendedores da USC

2011-01-31

O Viveiro de Empresas de Santiago de Compostela, a través da súa xerente Rosa Cardeso, convidou a Enkenda a participar nunha mesa redonda con universitarios que pertencen ao Club de Estudantes Emprendedores da USC. Club, que pretende ser unha vía de atracción e de formación para estes alumnos, cara unha cultura do emprendemento dende que comezan a súa etapa estudantil.

O acto celebrarase o 18 de marzo e terá lugar no edificio da Cámara de Comercio situado no polígono da Costa Vella.... Ver máis

Enkenda premiada como “Nova Idea Empresarial 2010”

2010-11-26

Enkenda premiada como “Nova Idea Empresarial 2010”

Preparando unha entrevista. Fotografía de Emerson Díaz.

Enkenda foi premiada como “Nova Idea Empresarial 2010” polo Concello de Santiago de Compostela, o pasado 26 de novembro. Estos premios que concede a Administración Local están dotados cunha bolsa total de 24.000 €, a dividir entre seis categorías. Pablo Oubiña, fundador de Enkenda, foi o gañador na categoría Autoemprego.

Esta iniciativa impulsada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, a través do programa Compostela Activa, ten como obxectivo... Ver máis