Actualidade

Chama de balde a Enkenda

2011-05-30

Chama de balde a Enkenda

En Enkenda analizamos unha e outra vez os procesos co obxectivo de simplificar a redacción dos proxectos na nosa web. Por regra xeral non é sinxelo explicar en detalle que é o que se quere. As fotografías e os esbozos son, en ocasións, pouco claros e o tempo que podemos dedicarlle a esta tarefa é mínimo.

Co propósito de facilitar a solicitude de presupostos introducimos na parte superior dereita da nosa web un botón para que o cliente poida contactar con Enkenda en canto o desexe. O cliente introduce o seu número de teléfono na ventá emerxente, marca o espazo de protección de datos e pulsa sobre o botón "Chamar". Nese momento establécese unha conexión automática entre o terminal do cliente e o dos técnicos de Enkenda.

É unha ferramenta novidosa baseada en telefonía IP que está a desenvolver Itrium Technologies. Serve para que o cliente resolva as súas dúbidas de inmediatas e, ademais, de forma gratuíta.

En ocasións as persoas non teñen coñecementos avanzados de internet e prefiren explicar de viva voz cal é o proxecto que quere executar. Para Enkenda a atención ao cliente é fundamental e por iso tratamos de mellorar o noso servizo día a día.