2011-05-02

Regalo de entradas para Construmat 2011
Enkenda visita Construmat 2011, unha das máis importantes feiras de construción que se celebra en Barcelona cada dous anos. O evento terá lugar do 16 ao 21 de maio no recinto de Fira Gran Via (Avinguda de Juan Carlos I, 58 - 08908 - L'Hospitalet de Llobregat). Ademais da presencia de firmas coñecidas de construción nacionais e internacionais, poderemos asistir ao Primeiro Foro da Construción Brasil-España, que ten como obxectivo a penetración no mercado brasileiro de compañías españolas. As xornadas profesionais sobre innovación, sostenibilidade, rehabilitación e sectoriais, así como os premios construmat 2011, outorgados en diferentes categorías, son outro aliciente máis para acudir a este encontro.
Enkenda regala varias entradas profesionais para acudir á feira. Se queres algunhas non dubides en pedilas a través do email info@enkenda.com. Con esta viaxe Enkenda quere estar ao día dos novos materiais e sistemas que se están a desenvolver no sector e analizar as tendencias que hai no mercado.