Actualidade

Primeira obra de xestión integral

2011-05-16

Primeira obra de xestión integral

Operario soldando unha platina.

Enkenda comeza a execución da primeira obra que xestiona de forma integral. Despois da redacción do proxecto e a solicitude das correspondentes licenzas, os técnicos de enkenda xa están a coordinar os primeiros traballos. Trátase do acondicionamento dunha casa construída en torno a 1920 e que xa sufriu unha reforma no ano 1980. Agora vaise transformar nunha chocolatería. Manteranse as fachadas de pedra e o tellado cerámico. Pero a estrutura tivo que reforzarse porque o estado das cerchas e correas metálicas era precario. Para iso colocaranse platinas de sección 70 x 8 mm soldadas a ambos os dous lados dos pares, tirantes e pendulón armazóns tipo "Pratt". Ademais os apoios reforzaranse coa introdución de chapas. Os armazóns de cuberta quedarán visibles para conservar a altura orixinal da estanza. O estilo modernista que posuirá o futuro negocio, estará apoiado por diferentes materiais: carballo envellecido para o pavimento, cerámica decorativa para o baño, mármore branco para as mesas e a barra, forxa para os pés das mesas, cadeiras de carballo envellecido, etc.

Informarémosvos da apertura do local para que poidades degustar os primeiros batidos da tempada estival.