Enkenda é a forma máis sinxela de solicitar orzamentos para reformar a casa, oficina ou xardín; evita consultar multitude de guías e chamar mil veces por teléfono.
Só necesitarás 1 minuto para describir a túa reforma. É moi sinxelo e podes engadir planos, fotos e vídeos para que os profesionais teñan unha idea clara do que queres.
En Enkenda seleccionamos os mellores profesionais e facilitámosche a solicitude de orzamentos mediante un sistema intelixente de recoñecemento de tags.
As empresas que pertencen a Enkenda comprométense a enviar as súas ofertas nun breve espazo de tempo, sempre que o proxecto estea ben detallado. Así as obras duran menos.
Por se tes dúbidas sobre calidades de materiais, prazos ou prezos. Neste espazo, os profesionais responderanche as cuestións, e Enkenda vixiará todo para que non teñas sorpresas.
Non lles cobramos aos profesionais por ofertar proxectos. Por suposto, tampouco os clientes pagan por pedir orzamentos. Garantímosche prezos competitivos, sen custos engadidos.
Se indicas na web o profesional que elixiches poderás tamén avalialo. Para nós é moi importante coñecer a túa opinión, para que todo vaia ben. E se non queres facelo, pois ben tamén. Es un profesional? Descubre o que che ofrece Enkenda como profesional do sector