Actualidade

Mati García comenta a súa experiencia con Enkenda

2011-12-02

Mati García contratou en enkenda.com a rehabilitación de todas as fachadas da súa casa sita en Caldas de Reis (Pontevedra). Aplicouse o sistema Sate (sistema de illamento térmico exterior), moi utilizado en rehabilitación de vivenda, aínda que na actualidade tamén se emprega en obras novas. Consiste no revestimento exterior das fachadas con pranchas de illamento, un revoco especial e unha capa de pintura de resina de silicona. O sistema Sate permite conseguir un importante aforro enerxético sen necesidade de grandes inversións.